CRTVG

Buscar

En Cataluña entrou en vigor a prohibición de reunións de máis de seis persoas

Publicado o 26/09/2020 21:16

Para limitar os contaxios, en Cataluña entrou en vigor a prohibición de reunións de máis de seis persoas, tanto no ámbito público como no privado. A medida, que non afecta as actividades laborais, escolares ou de culto, estará vixente como mínimo quince días, con sancións de entre 100 e 3000 euros a quen a incumpra.

Na mesma comunidade, concretamente en Roquetas, en Tarragona, esta fin de semana estanlle facendo probas a 600 traballadores dun matadoiro de aves tras detectar un brote con 43 positivos.

Na Comunidade Valenciana decidiron prorrogar 21 días máis o peche do ocio nocturno porque consideran que está xurdindo efecto. Os empresarios do sector lamentan a medida.

Sen saír de Valencia, a localidade de Carlet volve estar la lista de poboacións golpeadas pola Covid por enésima vez. Acaban de detectar dous gromos novos con 15 infectados. Os dous de orixe social.

A alcaldesa explica que emprenderon unha campaña para advertir que as reunións familiares poden poñer en perigo a quen máis queres.

En Andalucía, concretamente en Utrera, o alcalde solicitoulle ao goberno autonómico que confine a localidade. Os casos van en aumento, houbo catro falecementos nos últimos días e nos colexios unha trintena de aulas tiveron que ser postas en corentena.

Pero tamén hai datos para a esperanza. En Lucena, en Córdoba, que chegou a superar os 800 contaxios por cada cen mil habitantes, un cribado aleatorio entre 921 veciños revelou só tres positivos, o que acredita que a incidencia do virus está baixando na localidade.

Os resultados do cribado e a redución de contaxios nos últimos días alonxan aquí a posibilidade dun confinamento.

Noticias web

26/09/2020