CRTVG

Buscar

En caso de emerxencia atérrase como se pode

Publicado o 04/02/2020 15:02

A aterraxe de emerxencia deste luns en Madrid é única. A historia recente da aviación civil está chea de aterraxes de máximo risco.

Seguro que todos recordamos o coñecido como "milagre do Hudson". En xaneiro de 2009, tres minutos despois de despegar no aeroporto de Nova York, un avión chocou con dous gansos e o piloto viuse obrigado a aterrar de emerxencias nas xeadas augas do río Hudson, salvando os 154 pasaxeiros.

Máis recentemente, en maio de 2019, este avión conseguiu aterrar nun aeroporto de Birmania sen rodas dianteiras. Igual que no caso de Baraxas, o piloto optou por sobrevoar o aeroporto e gastar combustible para evitar unha explosión. Os 89 ocupantes saíron ilesos.

En xullo do ano pasado, un avión da compañía Delta aterrou de emerxencia no aeroporto de Carolina do Norte depois de sufrir un fallo nun dos motores. Os 150 pasaxeiros saíron sans e salvos.

Un mes despois, un avión ruso con 226 pasaxeiros chocou cunha bandada de paxaros. O piloto conseguiu aterrar nun campo a menos dun quilómetro do aeroporto de Moscova, salvando a vida a todos os pasaxeiros.

Noticias web

04/02/2020