CRTVG

Buscar

Cantabria desactiva o Plan especial de incendios e traballa en 15 focos activos

Publicado o 18/02/2019 19:58

O Goberno cántabro desactivou a primeira hora da tarde o Plan especial de incendios activado desde o pasado xoves.

A Unidade Militar de Emerxencias propia da comunidade mantense en máxima alerta traballando nos 15 focos aínda activos e moi pendentes das pervisións meteorolóxicas.

Desde o Goberno autonómico falan da intencionalidade dos preto de 200 incendios rexistrados desde o xoves pasado.

Un home de 35 anos xa foi detido tras ser visto prendendo un foco de lume e a Garda Civil está a investigar outro home como presunto autor de varios incendios.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2019