CRTVG

Buscar

En burro para protestar contra a despoboación do rural

Publicado o 28/03/2019 15:19

Vexan o curioso xeito de protestar deste alcalde da provincia de Soria. O rexedor botouse hoxe a andar acompañado dunha burra que lle prestou un veciño. Tardará dous días en chegar a Calatayud, onde pensa coller o AVE para Madrid para participar o domingo nunha manifestación contra o despoboamento do rural. Desta rechamante forma quere protestar pola falta de autobuses entre Soria e a estación do AVE máis próxima, na provincia de Zaragoza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019