CRTVG

Buscar

En abril reducirase en 50 minutos o tempo da viaxe entre Ourense e Madrid

Publicado o 20/11/2019 15:33

Parece que avanzan a bo ritmo as obras da alta velocidade e prevese que a partir do mes de abril chegar  dende Ourense, a Madrid poida facerse en 50 minutos menos. Falan de chegar en tres horas e media.

Dende o Adif están a traballar na implantación do sistema europeo de xestión do tráfico ferroviario en dous tramos que unen Pedralba, Zamora e Olmedo. Nun deles acabarán en decembro e no segundo tramo a principios do ano que vén.

Unha vez que estea verificado o correcto funcionamento deste sistema do ERTMS-2, os Alvia poderán circular por estes tramos a 250 quilómetros por hora, co que xa se notará ese descenso nas horas de viaxe.

Noticias web

20/11/2019