CRTVG

Buscar

Emre Mor deixa Turquía e marcha cedido ao Olympiacos

Publicado o 01/02/2020 08:26
Emre Mor deixa Turquía e marcha cedido ao Olympiacos

A última operación de mercado que fixo o Celta non foi ningunha entrada ou saída de xogadores. Emre Mor, cedido no Galatasaray a comezo da campaña, suma unha nova cesión despois do seu fracasa no fútbol turco. Mor só xogou 3 partidos como titular no Galatasaray na primeira volta, club que buscaba de xeito desesperado a súa saída.

O acubillo que atopou foi no fútbol grego e o Olympiacos será o seu novo destino. Tal e como especifica o club celeste, o xogador de 22 anos vaise cedido "con unha opción de compra obligatoria no caso de cumplírense uns obxectivos".