CRTVG

Buscar

Emoción e igualdade entre Zaragoza e As Palmas

Publicado o 26/09/2020 21:36



A terceira xornada na segunda división comezou na Romareda. Estrea do Zaragoza nesta temporada cun empate a dous ante As Palmas. Claudio Mendes, en propia porta, inaugurou o marcador a prol dos locais. Logo, duelo de golazos. O empate a un levou a sinatura do galego Álvaro Lemos. Desde unha boa distancia golpeou o balón lonxe do alcance do gardameta Cristian Álvarez. Tralo paso polos vestíarios, continuou a igualdade no xogo e no acerto nos lanzamentos desde lonxe. O dous a un, obra de Javi Ros, descolocou aos canarios, que ademáis sufriron a expulsión de Lemos pouco despóis. Malia todo, lograrían empatar en inferioridade co mellor gol de todos. Gran combinación e disparo espectacular de Edu Espiau no minuto 81 para situar o dous a dous definitivo no marcador tras un entretido encontro. E dun golazo a outro. Éste no Molinón. O primeiro do Spórting ante o Xirona. Djurdjevic marca diferenzas. O serbio sentenciou en dez minutos, do tres ao trece do segundo tempo, porque o dous a cero tamén foi obra súa. Deste xeito, o equipo xixonés sitúase en todo o alto da clasificación con nove puntos. Pleno de triunfos para os asturianos. Mentres, en Málaga, un solitario tanto de Cristian Rodríguez pouco antes do descanso valeu o triuno para os locais ante o Alcorcón. Os futbolists do conxunto malagueño respondenno campo ante a crise institucuional do seu clube. Finalmente, no duelo de ascensidos disputado nas Gaunas, o Logroñés e o Castellón empataron a un. Os visitantes estiveron moi preto de lograr o triunfo, logo do gol de Rubén Díez no minuto 73. Pero no engadido, á desesperada, os rioxanos lograron a igualada grazas a un tanto de David González, que lle dá o primeiro punto á Unión Deportiva Logroñés nesta liga.

Noticias web

26/09/2020