Elsinho, no seu mellor momento co Rácing de Ferrol
É o xogador do momento en Ferrol, Elson Dias, Elsinho. Cos seus dos goles no último encontro do Racing contra o Salamanca o brasileiro foi o protagonista.
Elsinho, Rácing de Ferrol: "Contento de poder axudar o equipo, pero creo que todo o equipo fixo un gran traballo e vai crecendo diariamente nos adestramentos, nos partidos, e imos collendo confianza día a día, e ese é o camiño".
Foi un dos últimos xogadores en incorporarse ao equipo de Emilio Larraz.
Elsinho, Rácing de Ferrol: "Vir a España, sexa Segunda B, é un escaparate moi grande para un xogador que ten na cabeza que quere crecer".
E pouco a pouco comeza ser o baluarte no centro do campo racinguista.
Elsinho, Rácing de Ferrol: "Eu cando podo piso a área para axudar na parte ofensiva e creo que está saíndo ben, non? Eu o que quero é axudar sexa facendo gol ou defendendo".
Con xornada de descanso esta finde, os racinguistas preparan a conciencia o próximo derbi ante o Compostela na Malata.