CRTVG

Buscar

Elevan a 16 a cifra de mortos tras o terremoto nas Filipinas

Publicado o 23/04/2019 19:50

As autoridades filipinas elevaron a 16 a cifra de mortos tras o terremoto que este luns sacudiu o arquipélago. O epicentro do sismo situouse na illa de Luzón, 100 quilómetros ao norte de Manila. Tivo unha intensidade de 6,1 na escala de Richter. Os equipos de rescate temen pola sorte dunha trintena de persoas atrapadas baixo os cascallos dun supermercado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019