CRTVG

Buscar

Relacionan unha empresa do ex-presidente Borbolla cun 'pelotazo' urbanístico

Publicado o 26/11/2018 12:31

O xornal 'El Mundo' publica hoxe unha información que relaciona unha empresa do ex-presidente da Junta de Andalucía, o socialista José Rodríguez de la Borbolla y Camoyán, cunha operación urbanística que, segundo o xornal, reportou beneficios por 12 millóns de euros. 'El Mundo' titula 'Pelotazo'. Di que a través dunha sociedade, Borbolla mercou por oito millóns dúas propiedades rústicas no municipio de Aljarafe e que as revendeu un ano e dez meses despois por vinte millóns. Segundo o xornal, o seu cuñado era o encargado do Plan xeral de Ordenación Municipal que prevía converter esas propiedades en urbanizables.

Noticias web

26/11/2018