CRTVG

Buscar

Enquisa de El Mundo: "O 54,9 prefire que o PSOE e Unidas Podemos cheguen a un acordo de goberno"

Publicado o 01/09/2019 13:22

Neste primeiro de setembro e ante a incerteza dunha repetición electoral, volven as enquisas á prensa. El Mundo titula: "A maioría non quere eleccións e acusa a Pedro Sánchez de forzalas". Segundo a sondaxe elaborada por Sigma Dos, "o 54,9 prefire que o PSOE e Unidas Podemos cheguen a un acordo de goberno". Entre os votantes socialista a cifra aumenta ao 71 %.

Un 42,4 % responsabiliza da falta de acordo de goberno ao PSOE. Con todo, Pedro Sánchez é o líder mellor valorado con 4,18 puntos. Segundo El Español, "O PSOE e Podemos terían maioría absoluta e Ciudadanos perdería 19 escanos" se houbese hoxe eleccións. A formación de Albert Rivera sería a máis prexudicada, con 38 escanos. O PP subirá dos 66 aos 76 representantes. Vox retrocede dous e os de Pablo Iglesias cinco. O máis beneficiado sería o PSOE, que se faría con 139 actas.