'El Mundo' publica que Mayoral viaxou ao Brasil cun dos solicitantes do fondo de Podemos
Publicado o 20/08/2020 14:18

Sobre a investigación a Podemos, El Mundo publica hoxe que o deputado Rafa Mayoral viaxou ao Brasil cun dos solicitantes da caixa de solidariedade do partido.
En concreto, pedira 50.000 euros deste fondo, que se nutre con diñeiro doado polos cargos de Podemos para repartir despois entre proxectos sociais.
O xuíz pediu que se investigue esa conta e se finalmente se pagaron eses cartos. O xornal tamén destaca que Mayoral, que non está imputado, era o responsable de xestionar o fondo e decidir a quen se lle adxudicaba.
Máis sobre actualidade
06/03/2021 23:05