CRTVG

Buscar

'El Mundo' di que o Goberno de Susana Díaz ocultou un expediente que obrigaba a UXT a devolver 18 millóns

Publicado o 29/10/2019 15:08

O Goberno de Susana Díaz ocultou segundo publica o xornal El Mundo un expediente que lle esixía á UXT Andalucía devolver 18 millóns de euros por cursos que o sindicato non xustificou de forma correcta. O expediente estivo paralizado durante catro anos e estaba a piques de prescribir ata que foi reactivado polo novo executivo andaluz.

A UXT levará a o caso aos xulgados porque defende que os cursos se realizaron tal e como estaba programado.

Noticias web

29/10/2019