CRTVG

Buscar

Educación avanza un plan de formación para mellorar as competencias virtuais dos profesores e alumnado

Publicado o 13/09/2020 21:18

Técnicos e docentes expertos na materia preparan un proxecto formativo que permita potenciar as competencias telemáticas da comunidade educativa, co obxectivo de minimizar o impacto da pandemia . Trátase dun plan de continxencia para o ensino non presencial ou semipresencial, ante episodios que obriguen a suspender as clases. Incluirá dotación de equipamento tecnolóxico para o alunmado e a implantación de contidos educativos en liña.

Na páxina web da Consellería de Educación, o espazo "Volvamos á escola con sentidiño" contén información sobre as medidas adaptadas nos centros, que pode ser de interese para as familias.

 

Noticias web

13/09/2020