CRTVG

Buscar

Eduardo Soutullo fálanos de 'Alén', unha obra premiada que expande as posibilidades da orquestra

Publicado o 26/10/2020 17:31

Unha obra evocadora cunha sonoridade que nos transporta a outros espazos da ánima. 
Así soa Alén, do compositor galego Eduardo Soutullo, inspirada nunha paisaxe única: o Portalén, o monumento megalítico do Monte do Seixo na Serra do Cando. 

Paul Daniel dirixiu a Real Filharmonía de Galicia na estrea mundial desta obra gañadora do premio BBVA AEOS. Este premio vai posibilitar que outras trinta orquestras de toda España a interpreten esta temporada. 

Noticias web

26/10/2020