CRTVG

Buscar

Edita o seu primeiro disco aos 50 anos e doa os beneficios á Cociña Económica da Coruña

Publicado o 09/10/2020 14:43

Alejandro chega tarde, di, pero tamén feliz, porque aos seus 50 anos acaba de facer realidade un soño da infancia: o seu primeiro disco.

"Un disco persoal con letras íntimas, que falan de momentos de dor, momentos de recuperación, en fin, un pouco de todo", explica.

Dor e recuperación vividas en carne propia, porque este coruñés da Gaiteira atravesou, para chegar ata aquí, un camiño tortuoso de adicción do que conseguiu saír. A día de hoxe, esa experiencia sérvelle para axudar profesionalmente outras persoas que están tratando de saír dalgunha adicción. E nese camiño, o que el chama músculo da creatividade, no seu caso a música, pode ser un grande aliado.

"A mensaxe é de esperanza porque tanta xente por aí con problemas similares e chegados os 50 anos ese sono que a enfermidade interreompe ou bloquea, pode lograrse, e eu axudo xente con adiccións".

O disco, cuxos beneficios irán destinados á Cociña Económica, é resultado de anos compoñendo e versionando clásicos do rock contemporáneo no circuíto de locais da Coruña, á que Alejandro tamén lle dedica un dos temas. É unha forma de desculparse, di, coa cidade á que nun tempo botou as culpas. Nunca é tarde, seguro, porque está feliz.

Noticias web

09/10/2020