CRTVG

Buscar

Duro revés para Macron na segunda volta das eleccións municipais en Francia

Publicado o 29/06/2020 08:46

 
Duro revés para o presidente Emmanuel Macron na segunda volta das eleccións municipais en Francia.

Os resultados dos comicios confirman o ascenso dos ecoloxistas, que poderían conseguir algunhas das cidades máis importantes do país, como Lión, Toulouse ou Bordeos. A extrema dereita logrará a alcaldía de Perpiñán, algo que Marine Le Pen considerou como unha gran vitoria.

A abstención podería ser tamén histórica e superar o 60 % nesta segunda volta.

Noticias web

29/06/2020