CRTVG

Buscar

Duro correctivo para o Lugo e Eloy Jiménez pide aprender das derrotas

Publicado o 30/09/2019 16:44

Desfeita en Lugo. Unha desfeita que achega o debate no estilo.

Alberto Varo na apertura do marcador. O tiro de Bermejo semellaba que non tiña perigo. Tiro desde a distancia. Cero-dous. Triangulación perfecta do Tenerife que culmina Malbasic a pracer.

O Lugo reaccionaría despois deste claro penalti cometido na área tinerfeña. Marcou desde os 11 metros Manu Barreiro.

Neste balón colgado o Lugo volveu marcar. O colexiado concedeu o gol pero interveu o VAR para anular o tanto por mans de Gerard Valentín.

Tras o descanso mans de Manu Barreiro e penalti a prol do Tenerife. Transforma de novo, Malbasic. Era o 1 a 3.

O Lugo descomponse e nestas... chega o cuarto do Tenerife, por medio de Bermejo.

Derrota demasiado avultada para o Lugo. Eloy Jiménez ten claro que o equipo debe aprender destas derrotas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019