CRTVG

Buscar

Duque visita no Porriño a farmacéutica Zendal, que traballa no desenvolvemento de vacinas para a Covid-19

Publicado o 01/07/2020 20:49

E liderando a loita contra o coronavirus hai dúas empresas galegas que traballan no desenvolvemento de vacinas que poidan facer fronte á enfermidade

As dúas pertencen ao grupo Zendal, a única empresa de España homologada para ensaios clínicos con humanos. Nas súas plantas biolóxicas xa traballan na produción de dúas vacinas contra a Covid-19, a partir de dous proxectos médicos diferentes. Para a súa fabricación recibiron case un millón de euros do Ministerio de Ciencia.

Esta tarde, Pedro Duque visitou as instalacións que o grupo Zendal ten no Porriño. Nos seus laboratorios coñeceu de primeira man como se están a desenvolver estes e outros proxectos encamiñados a lograr vacinas útiles para a sociedade


 

Noticias web

01/07/2020