CRTVG

Buscar

Dúas producións participadas por TVG optan a sete dos Premios Goya

Publicado o 25/01/2020 17:22

A poucas horas da edición número 34 dos Premios Goya estamos moi atentos ás posibilidades dos diferentes filmes e profesionais galegos que alí compiten. Este ano salientan as catro candidaturas de O que arde e as tres de Quen a ferro mata, dúas producións participadas pola Televisión de Galicia. En Málaga, está un compañeiro desta casa, Ángel Suanzes.

Benedicta Sánchez, no centro das miradas e as escoitas. Aquí vémola cos directores de La trinchera infinita. Porque os Goya son unha festa, pero tamén unha competición e todo o mundo a sitúa como a favorita. Benedicta Sánchez, candidata á mellor actriz revelación.

Logo de 75 mil espectadores e de se converter no filme en galego máis visto da historia, O que arde opta ao referendo final da visibilidade dentro do cine español desde o esforzo común.
Amador Arias, actor en O que arde. Ademais de O que arde, Quen a ferro mata dálle a Luís Tosar a súa oitava candidatura a un Goya representando o cine comercial feito desde Galicia, que segue a ter espazo ano a ano nos premios do cine español.

Esta noite, Galicia pode ser protagonista nos Premios Goya.


 

Noticias web

25/01/2020