Dúas persoas quedan feridas nun aparatoso accidente en Cambados
Publicado o 18/08/2020 15:02
Dúas persoas quedaron feridas esta noite nun aparatoso accidente de tráfico en Cambados. Ocorreu na estrada PO-300 ao seu paso pola zona de Oubiña. A condutora, de 21 anos, circulaba en dirección ao centro de Cambados, cando por causas que se descoñecen perdeu o control do coche e caeu por unha pendente.
Ao lugar do suceso trasladáronse a Garda Civil e unha ambulancia do 061, que levou os feridos ao hospital do Salnés. Afortunadamente, as súas feridas non son graves.