CRTVG

Buscar

Dúas persoas feridas no incendio dunha vivenda no centro de Cambados

Publicado o 11/04/2020 15:51
Dúas persoas feridas no incendio dunha vivenda no centro de Cambados

Un pai e a súa filla resultaron feridos leves esta mañá en Cambados, no incendio rexistrado no interior da súa vivenda, ao parecer a causa dunha candea que prendeu nunha mesa auxiliar e provocou unha intensa fumareda. O Servizo Municipal de Emerxencias de Cambados e os Bombeiros do Salnés tiveron que intervir para extinguir o lume, na rúa Sevilla.

O incendio provocou a alarma entre os veciños da zona, pero por fortuna non foi grave. Ao redor das 13:00 horas de hoxe, un particular contactou co 112 Galicia para informar dun lume no salón da casa.

Os efectivos de emerxencia axudaron a unha persoa con dificultades a abandonar o inmoble, un home, M. E. P., de 87 anos de idade, que resultou ileso. A súa filla, B. E. N., de 58 anos, foi atendida polo persoal sanitario no lugar dos feitos.

Os equipos de extinción atallaron as lapas e ventilaron a vivenda.