CRTVG

Buscar

Dúas persoas quedaron feridas no accidente dunha camioneta en Moaña

Publicado o 06/03/2020 13:31

Dúas persoas quedaron feridas esta mañá no accidente dunha camioneta de limpeza en Moaña. O condutor circulaba pola PO-551 en dirección a Domaio, cando por causas que se descoñecen saíu da vía e acabou na cuneta. Ocorreu sobre as 7 e media da mañá. Como consecuencia do impacto, o vehículo acabou envorcado.

Ao lugar do suceso trasladáronse a Garda Civil, a Policía Local e dúas ambulancias do 061, que trasladaron os dous ocupantes da camioneta a un centro sanitario.

Noticias web

06/03/2020