CRTVG

Buscar

Dúas mulleres duns 60 anos atropeladas por un tren de proximidade en Madrid

Publicado o 07/12/2019 23:47

Dúas mulleres duns 60 anos foron atropeladas esta tarde por un tren de proximidade en Madrid. Camiñaban en paralelo á vía férrea cando o tren as levou por diante á altura de Cercedilla.

Unha delas morreu no acto a consecuencia dun traumatismo cranioencefálico severo. A outra foi trasladada a un centro hospitalario con contunsións múltiples. A Garda Civil investiga o suceso para esclarecer as causas do atropelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019