CRTVG

Buscar

Xa son seis as denuncias presentadas contra un cura salesiano de Vigo por supostos abusos sexuais

Publicado o 25/07/2019 19:33

Xa son seis as denuncias presentadas contra un cura salesiano de Vigo por supostos abusos sexuais a nenos dun campamento de verán en Cambados. O relixioso, duns 40 anos, xa está en prisión provisional sen fianza. O xulgado de Cambados investígao por supostamente facerlles tocamentos aos rapaces mentres durmían, en dous casos de forma continuada. O presunto pedófilo foi sorprendido por outros menores. O centro apartouno de xeito inmediato do seu traballo.

Noticias web

25/07/2019