Drons para transportar desfibriladores e así mellorar a asistencia sanitaria no Camiño de Santiago
A Xunta traballa nun proxecto para mellorar a asistencia sanitaria aos peregrinos no Xacobeo 20121. Utilizaranse drons para transportar desfibriladores e axilizar así unha posible urxencia sanitaria. Este plan de atención presentouse hoxe en Portomarín.
Mellorar a cobertura sanitaria dos milleiros de peregrinos que chegan a Galicia cada ano. Con este fin o polo aeroespacial de Rozas pon en marcha un proxecto en que os drons serán claves a hora de transportar desfibriladores ante emerxencias cardíacas dos peregrinos.
Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria: "Unir esa tecnoloxía, unir a utilización dos avións non tripulados para permitir o traslado tanto de desfibriladores coma outros servizos telemáticos e que permitirá reducir os tempos de atención aos peregrinos".
Este proxecto que contará cun investimento de un millón 150.000 euros estará rematado no segundo semestre de 2020 e poñerase en marcha nun tramo do camiño no Xacobeo 2021.