CRTVG

Buscar

Drons e cámaras axudan a dar cos incendiarios, pero segue sendo importante denunciar

Publicado o 13/08/2020 15:03

Sobrevoamos Monterrei, unha das zonas máis castigadas pola actividade incendiaria. Á vista de drons podemos detectar calquera actividade sospeitosa no monte.

Logo procesan as imaxes, ao igual que as das cámaras fixas que cobren xa máis do 60 por cento do territorio, para dar cos incenciarios.

Así e todo insisten na importancia da colaboración cidadá para axudar a frear os incendios. No último mes producironse 568 incendios en Galicia máis da metede de noite ou con varios focos que demostran a súa intencionalidade.

A efectividade dos equipos de extención permitiu que o 75 por cento dese máis de medio millar de incendios quedaran en conatos.

Noticias web

13/08/2020