CRTVG

Buscar

Carlos Bastida, médico, presidente da SEMG: "A xente entendeu mal a desescalada, non nos podemos relaxar agora"

Publicado o 14/05/2020 09:55

Estes primeiros datos coñecémolos cando xa levamos catro días saíndo á rúa con máis liberdade. Os nenos, xa hai vinte días. Hai indicios de novos contaxios nos centros de saúde.

En opinión de Carlos Bastida, presidente da Sociedade Española de Médicos Xeralistas e de Familia, "o virus chegou para quedar". E engade: "Temos que aprender a convivir con el, e por iso non podemos relaxar as medidas de precaución. Temos que apelar á responsabilidade de cadaquén".

Sobre as posibles repuntas tras os primeiros días de fase 1 en Galicia, considera que "si hai máis contaxios, aínda que, por sorte, en Galicia son poucos. En calquera momento, se non gardamos as medidas de protección, poderemos ter novos brotes, máis tarde ou máis cedo".

O doutor valora tamén certas actitudes irresponsables que poden poñer en risco a saúde dos demais. "Creo que a xente entendeu mal a desescalada. Agora temos que ir volvendo pouco a pouco á normalidade, pero o virus non marchou e quedará ata que teñamos a vacina".

Noticias web

14/05/2020