Douscentos rapaces da área de Vigo afectados de bronquiolite
Publicado o 08/12/2019 17:45
Preto de douscentos cativos da área sanitaria de Vigo pasaron nos últimos días polo hospital Álvaro Cunqueiro afectados de bronquiolite. Unha doenza provocada polo virus respiratorio sincitial e que afecta sobre todo nenos menores de dous anos. Algúns dos bebés tiveron que ser illados para evitar novos contaxios.
Desde a semana pasada España vive o pico de máxima incidencia da bronquiolite aguda, que está previsto que se prolongue unhas seis semanas máis. O dato concreto de menores afectados no hospital de Vigo está pendente de confirmar polo Sergas.
Máis sobre Vigo
22/01/2021 20:24
21/01/2021 15:18