CRTVG

Buscar

Dous viandantes evitan o afogamento dunha octoxenaria no río Lérez

Publicado o 19/07/2019 14:00
Dous viandantes evitan o afogamento dunha octoxenaria no río Lérez

A rápida intervención de dous viandantes evitou o afogamento dunha octoxenaria en Pontevedra que se precipitou ao río Lérez.

Un home que facía footing nas inmediacións da ponte dos Tirantes non dubidou en saltar á auga para rescatar a anciá, de 85 anos. Axudado por outro cidadán, que tamén se introuduciu no río, conseguiron auxiliar muller remolcándoa ata o peirao.

Grazas á súa celeridade na intervención, a vítima non sufriu lesións de gravidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019