CRTVG

Buscar

Dous policías sálvanlle a vida un bebé de dous meses en Valencia

Publicado o 17/02/2020 19:32

Dous axentes da Policía Nacional salváronlle a vida a un bebé de dous meses que estaba en parada cardiorrespiratoria en Valencia. Os axentes pasaron 20 minutos facéndolle manobras de reanimación cardiopulmonar. Os feitos ocorreron o domingo pola tarde cando os axentes recibiron o aviso. Atoparon os familiares co bebé nas mans e non respiraba. Despois das primeiras masaxes, o bebé comezou a chorar, pero tiveron que repetir a manobra varias veces entre o nervosismo da nai e do resto da familia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020