CRTVG

Buscar

Dous nenos vigueses actúan no musical 'El Guardaespaldas'

Publicado o 28/02/2020 19:42

Cos nervios a flor de pel, pero ben arroupado. Así foi o bautizo como actor de musicais de Bisrat Mein. Interpretou a Fletcher, o fillo da protagonista, Rachel Marron, interpretada por Whitney Houston na gran pantalla. Nunca cantara en público e preparou o papel co seu pai.

Alterna o papel con Ismael, un vigués de 12 anos, que arestora o está substituíndo no musical que se está representando en Vigo.

En cada sitio onde se representa El guardaespaldas escollen un neno do lugar para interpretar a Fletcher.

Ismael e Bisrat foron elixidos entre os dez nenos que participaron na proba.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020