CRTVG

Buscar

Dous mozos volven ao rural para criar porco celta

Publicado o 03/09/2019 20:52

Cando Cristian e seu socio Lucas decidiron criar porco celta procuraban un triplo obxectivo: explorar un medio de vida no rural, manter unha especie autóctona e contribuír á limpeza de terras, agora cubertas de maleza, pero que noutros tempos eran fértiles e produtivas.

A variedade porcina máis galega, o porco celta, é unha auténtica rozadora, e supón o xeito máis ecolóxico de limpar e recuperar o monte, máis eficiente e rendible que a cabra ou a ovella.

O selo ecolóxico que define a calidade da carne do porco celta vén sobre todo da súa alimentación. Estes novos emprendedores van sementar millo autóctono para complementar a súa dieta.

Por agora teñen só cinco femias. A finais de mes prevén cuadriplicar a cabana. Para o ano agardan facer a primeira venda. Será entón cando comproben que ademais de facer ben á súa contorna, o porco celta tamén lles deixa beneficios no peto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019