Dous moteiros feridos tras chocaren contra un turismo en Barbadás
Publicado o 16/08/2020 13:46
Accidente grave este mediodía ao chocaren un coche e unha moto, no concello ourensán de Barbadás. Os dous ocupantes da moto foron trasladados en helicóptero e ambulancia medicalizada ao complexo hospitalario ourensán. Segundo nos informaron no lugar do sinistro, ambos ían conscientes.
Ao parecer, circulaban en dirección Ourense pola Nacional 540, cando os levou por diante un turismo que se incoporaba á mesma estrada desde a autovía das Rías Baixas. Os traballos para restablecer a normalidade na vía prolongáronse durante unha hora.