CRTVG

Buscar

Dous mortos e un ferido nun accidente de tráfico grave na Pobra do Brollón

Publicado o 01/11/2020 09:16


Un choque violento entre entre dous turismos este sábado na Pobra do Brollón saldouse con dúas persoas mortas, dous homes de 71 e de 41 anos, e outra ferida. O primeiro dos falecidos perdeu a vida no lugar do accidente, mentres que o outro morreu no hospital de Lugo despois de ingresar con feridas de gravidade.


Precisouse a intervención dos bombeiros de Monforte e do GES de Quiroga para liberalos dos seus vehículos, onde estaban atrapados. A colisión produciuse no nó coa LU-652. Ata o lugar desprazáronse ademais as Urxencias Sanitarias do 061, Protección Civil da Pobra do Brollón e a Garda Civil que se fixo cargo das investigacións do accidente.


 

Noticias web

01/11/2020