CRTVG

Buscar

Dous mortos e 12 feridos nos enfrontamentos na fronteira co Brasil

Publicado o 23/02/2019 10:10

Dúas persoas morreron e varias decenas quedaron feridas nos enfrontamentos entre militares e unha comunidade indíxena. En Cúcuta, Colombia está un equipo da televisión de Galicia.

En Cúcuta, Colombia, hai almacenadas máis de 600 toneladas de axuda humanitaria, alimentos e medicinas. O presidente da Asemblea Nacional de Venezuela Juan Guaidó está en Táchira para liderar os centos de voluntarios cos que pretende facer chegar esa axuda aos venezolanos. Pero de momento ninguén sabe como o fará xa que ten prohibido saír de Venezuela.

O goberno de Maduro elevou a alerta militar en todos os pasos fronteirizos, pechou o do Brasil e non descarta facer o mesmo coa de Colombia, por onde cruzan unhas 30.000 persoas ao día. De momento, e segundo denuncian as autoridades de Bogotá, ordenou soldar colectores á ponte Tienditas.

Todos, chavismo e oposición buscan o apoio do exército. Juan Guaidó fixo un chamamento a través das redes sociais ao tempo que esixía a detención dos responsables da morte de dúas persoas durante os enfrontamentos cunha comunidade indíxena na fronteira co Brasil. Estados Unidos xa advertiu que responsabilizará os militares se na operación deste sábado acaba con derramento de sangue.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2019