CRTVG

Buscar

Dous meses coa auga contaminada no concello da Merca

Publicado o 16/07/2020 13:59

Un bando advirte aos veciños da Merca que non poden beber a auga da traída. É perigoso para a saúde ao estar contaminada con trihalometanos.

Dende que se detectaron estes compostos químicos na auga, o Concello da Merca ten a disposición dos veciños garrafas de auga mineral, pero non é dabondo e moitos sérvense de pozos e fontes.

Notan moito, din, no peto o gasto en auga e nas tendas da Merca que a súa venda subiu moito. Os veciños das aldeas afectadas piden que o Concello corrixa a contaminación da auga de xeito definitivo.

Dende o Concello da Merca din que traballan para acabar coa presenza dos trihalometanos na auga, pero que non está doado e barallan privatizar o servizo municipal de augas nunha empresa especializada no seu tratamento.

Noticias web

16/07/2020