CRTVG

Buscar

Dous historiadores aseguran que Franco "non pagaba nada" dos gastos de Meirás

Publicado o 07/07/2020 17:19

Os autores do libro 'Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio', Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, confirmaron a existencia dun proceso "coercitivo" para a adquisición do inmoble, con listas negras para os "malos patriotas", así como documentación que acreditaría, segundo expuxeron, que se entregou a Franco na súa condición de "xefe do Estado".

Da xestión e os gastos, engadiron que se encargaba Casa Civil, organismo baixo a dependencia de Franco, cun funcionamento "similar" ao do Palacio do Pardo e co mantemento a cargo de institucións públicas, entre elas concellos e a Comandancia de Obras.

 "Cando asume o donativo, pronuncia un discurso e promete infraestruturas para a provincia da Coruña e para Galicia", apostilaron sobre Franco e o uso do pazo como "residencia estival" do xefe do Estado. Ademais, Lorenzo rexeitou que este abonase ou reembolsase gastos, de forma particular, durante o seu uso.

 

Noticias web

07/07/2020