CRTVG

Buscar

Dous feridos tras bater un coche e unha furgoneta en Cuntis

Publicado o 18/01/2021 20:27

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde nun accidente en Cuntis ao bater un coche e unha furgoneta. Foi na estrada nacional 640, ao seu paso pola parroquia de Piñeiro, nunha recta coñecida como A Anllada. Os dous feridos foron trasladados ata un hospital de Pontevedra, pero sen revestir gravidade. O accidente provocou importantes retencións mentres non retiraron os vehículos.


 

Noticias web

18/01/2021