CRTVG

Buscar

Dous feridos tras a colisión entre un coche e un furgón no Rosal

Publicado o 25/06/2020 21:29

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, despois de que un coche colidira contra unha furgoneta que estaba estacionada. A condutora do turismo, ferida leve, invadiu a beiravía ao tratar de esquivar outro vehículo que se incorporaba nun cruzamento.

Coa violencia do impacto a furgoneta foi desprazada fóra da calzada. O ferido grave, que foi trasladado nunha UVI móbil, estaba cargando a furgoneta.

Noticias web

25/06/2020