CRTVG

Buscar

Dous feridos por arma branca en senllas liortas na zona do Orzán da Coruña

Publicado o 08/09/2019 14:33

Fin de semana complicada nunha das zonas de ocio nocturno da Coruña. No Orzán, o porteiro dun after sufriu un corte profundo nunha man cando intentaba mediar nunha liorta multitudinaria ás portas do local. Apenas dúas horas depois, na rúa Panaderas, unha discusión entre varias persoas acabou co traslado dun home a un centro médico. Presentaba feridas de coitelo nos brazos. Os veciños da zona aseguran que este tipo de incidentes son frecuentes. Nas últimas horas, a policía intensificou os controis nas zonas máis conflitivas, comprobando o nivel dos aforos e o cumprimento dos horarios dos locais.

Noticias web

08/09/2019

Máis sobre A Coruña