CRTVG

Buscar

Dous feridos graves tras unha explosión nunha gasolineira da localidade murciana de Cartaxena

Publicado o 14/07/2020 16:49

Dous traballadores resultaron feridos graves tras unha explosión nunha gasolineira da localidade murciana de Cartaxena. Os traballadores estaban a desenvolver labores de mantemento cando saltou unha chispa desde unha radial. O estoupido apenas afectou o persoal encargado dos surtidores, que foi evacuado con urxencia. Os bombeiros están arestora controlando posibles focos de lume e vertendo espuma nos depósitos de gasolina para evitar acumulación de gases e novas explosións.

Noticias web

14/07/2020