CRTVG

Buscar

Dous detidos por unha suposta agresión sexual en Barakaldo

Publicado o 07/11/2019 14:20

A Ertzaintza detivo dous homes como supostos autores da agresión sexual a unha muller na localidade biscaíña de Barakaldo. Os detidos compartían piso coa vítima e a súa parella, que denuncian que empregaron algunha substancia para adormecelos. A agresión sexual denunciada ocorreu o pasado luns na vivenda de Barakaldo que compartían a vítima e a súa parella cos dous homes detidos.

Segundo denunciou onte a muller, os catro estiveron bebendo xuntos no piso e nalgún momento os detidos botaron nos vasos da parella algunha susbtancia para adormecelos.

Unha vez fixo efecto, supostamente, abusaron sexualmente da muller. A Ertzaintza identificou os supostos agresores e arrestounos a primeiras hosta deste xoves. O Concello de Barakaldo activou o protocolo de actuación neste tipo de casos e convocou unha reunión urxente da Xunta de Voceiros.

Os supostos agresores sexuais permanecen nos calabozos da comisaría da Ertzaintza e nas próximas horas serán postos a disposición xudicial.

Noticias web

07/11/2019