Dous detidos por tres intentos de rapto en Chiclana
Publicado o 20/11/2020 14:45

Na vila de Chiclana, en Cádiz, a Garda Civil detivo dous homes que supostamente intentaron raptar varias rapazas.
As detencións producíronse despois de que o pai dunha das nenas denunciara que un home tentara raptar a súa filla nas proximidades dun colexio.
Os detidos chegaron a abordar ata tres mozas, por separado, asegurándolles que coñecían os seus pais. A investigación segue aberta.
Máis sobre Sucesos
21/01/2021 16:58
21/01/2021 14:41