CRTVG

Buscar

Dous detidos pola queima dun autobús nas protestas de Guatemala

Publicado o 30/11/2020 09:05

En Guatemala houbo novas protestas contra os presupostos do Estado. Algúns violentos aproveitaron a mobilización cidadá para ocasionar estragos, como incendiar un autobús. A policía detivo os preusntos autores do feito, tamén por agrediren axentes da policía. Son dous mozos de 18 e 24 anos.

Algúns encapuchados tamén atacaron xornalistas e, polo menos, cinco destes quedaron feridos. A manifestación deste sábado na capital de Guatemala foi a continuación das iniciadas semanas atrás en contra do Congreso e do Goberno por aprobar un orzamento do Estado que desatendía o investimento en saúde e servizos sociais.

Noticias web

30/11/2020