CRTVG

Buscar

Dous detidos pola morte dun peregrino alemán nunha liorta en Pontevedra

Publicado o 11/09/2019 21:23
Dous detidos pola morte dun peregrino alemán nunha liorta en Pontevedra

Novidades no caso do peregrino alemán que faleceu o mes pasado tras bater coa cabeza no chan no medio dun altercado ás portas dunha discoteca en Pontevedra.

A Policía Nacional detivo dúas persoas pola súa presunta implicación na agresión que lle causou a morte ao peregrino alemán. Os arrestados son un veciño de Pontevedra e o outro de Marín e os dous teñen antecedentes policiais. Os axentes prendéronos tras interrogar 20 testemuñas que presenciaran a liorta ás portas da discoteca. Os detidos xa foron postos a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019