CRTVG

Buscar

Dous detidos pola liorta mortal nunha festa de Noitevella en Oleiros

Publicado o 01/01/2020 19:57

O 112 tivo aviso do suceso ás seis da mañá. Nun aparthotel de Bastiagueiro, no concello de Oleiros había un home gravemente ferido. Unhas sete persoas de dous grupos diferentes que celebraban a entrada do ano no local tiveran unha liorta na pista de baile. A rifa transladouse despois á terraza onde horas despois ainda quedaba unha gran mancha de sangue Non está claro en que momento a vítima recibiu un forte golpe cun obxecto contundente, un cinceiro segundo algunhas fontes.

Varios gardas civís trataron de reanimar o ferido ata a chegada dos servizos de emerxencias médicas, pero non pudieron salvarlle a vida. Os sanitarios certificaron a súa defunción. A vítima era un veciño de Arteixo de 31 anos que acababa de casar. Faleceu en presenza de varios familiares polo que o 112 avisou o Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias para prestralles apoio.

No mesmo lugar do suceso a policia prendeu un mozo de 27 anos como presunto autor do golpe mortal. Ao parecer a vítima e o acusado da agresión non se coñecían. Unhas horas despois a Delegación do Goberno informaba dunha segunda detención. E outro home duns 30 anos e amigo do presunto homicida, que estaría acusado dun delito de lesións. Ambos permanecen nos calabozos da Guardia Civil no cuartel de Lonzas á espera de pasar a disposición xudicial.

 

Noticias web

01/01/2020