CRTVG

Buscar

Dous detidos en Vigo por vender droga a través das redes sociais

Publicado o 27/05/2019 20:23
Dous detidos en Vigo por vender droga a través das redes sociais

A Policía Nacional detivo dúas persoas en Málaga e outras dúas en Vigo pola súa implicación na venda de drogas a través de redes sociais, nun operativo que se iniciou cando se interceptou na cidade olívica un envío de haxix.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse en Vigo, cando axentes deste corpo tiveron coñecemento de que, a través dunha rede social, estaban a ofrecerse substancias estupefacientes. Despois das primeiras pescudas, a policía logrou interceptar nesta cidade un paquete con 200 gramos de pole de haxix e detivo a dúas persoas. A partir dese momento, os axentes centraron a súa atención na cidade de Málaga, onde se situaba, nunha vivenda, un centro de operacións deste tráfico de drogas.

O morador deste domicilio, por medio dunha dirección de wifi, ofrecía drogas a través dunha conta de correo nunha coñecida rede social. Unha vez localizado este sospeitoso, un mozo de 25 anos de idade, foi detido. Do mesmo xeito, foron investigados ou titular da conta de correo asociada á rede social e a titular do contrato coa compañía de Internet desde onde ofrecía a droga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí