CRTVG

Buscar

Dous detidos en Sarria por unha lea na vía pública

Publicado o 02/04/2020 13:47

Unha liorta en Sarria rematou con dúas persoas detidas e con danos nun vehículo estacionado na vía pública.

O altercado produciuse en plena rúa, en diante da oficina de Correos da vila. Segundo diversas fontes, o detonante fora unha discusión previa nun supermercado entre persoas de dúas familias que mantiñan desavinzas.

Durante a pelexa dos participantes, presuntamente, escachou cun bate de béisbol a xanela dunha furgoneta dun dous bandos enfrontados. Foi precisa a intervención da policía local e da Garda Civil, que lles imputan aos dous detidos os delitos e danos e de lesións.

Noticias web

02/04/2020