CRTVG

Buscar

Dous coleccionistas de motocicletas "Vespas" fálannos da súa paixón

Publicado o 28/06/2019 19:51

Foi a raíña das estradas nos anos 60 e 70 do século pasado, e agora rexorde como unha reliquia para coleccionistas. A moto Vespa conquista afectos e ten cada vez máis seguidores. En Verín, atopamos un bo exemplo.

Vendo estas Vespas, ninguén diría que algunha sobe dos cincuenta anos. Son a paixón destes dous irmáns, que lles sacan lustre: "É unha oportunidade para disfrutar destas máquinas, de fabricación española, un mito da sociedade dos anos 60, 70, 80 e darlles vida outra vez para disfrutar con elas", explica Miguel Ángel Domínguez.

Algunhas rescatáronas dos palleiros. Enferruxadas e malferidas. Todas tiveron que pasar pola mesa de operacións: "Cada moto é un mundo. Todo depende como veña a moto ao noso taller. Pódeche levar de nove meses, como a máis antiga. Outra fixémola en cinco meses", di José Luis, irmán de Miguel. 

Entre o seu haber, algunha peza singular coma estes modelos de 150, dos que só se fabricaron 500 unidades, porque resultou un fracaso comercial: "O motivo?" -aclara Miguel- "Que este modelo chamouse precisamente 'La Económica', porque a diferenza de prezo entre unha 200 e unha 150 era mínimo. Daquela non había restriccións cos carnés, coma hoxe en día, entón... Xa o di o refrán: burro grande, ande ou non ande".

Son o presidente e o vicepresidente do Vespa Club de Verín, que naceu hai dez anos e hoxe suma 28 asociados. Entre as súas motivacións: promocionar a comarca, desde a perspectiva que ofrece unha Vespa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019